Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15480

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 159/2012 (dereitos fundamentais) interposto por Raquel Beatriz Lema Astray.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 159/2012, promovido por Raquel Beatriz Lema Astray contra o acordo do tribunal 1 do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes, do 9 de novembro de 2011, polo que se resolven as alegacións da interesada á listaxe provisional das probas de locución e galego oral da fase de oposición, referidas á categoría de redactor de TVG, S.A., e se publica a listaxe definitiva.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tal efecto comunícaselles aos posibles interesados no procedemento que na páxina web www.crtvg.es se inseriu copia do escrito de interposición do recurso contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos da CRTVG e as súas sociedades