Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-006/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 22 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-006/11.

Nome: José Carlos Vilariño López e María Isabel Velasco Vieitez.

Enderezo: rúa Reino Unido, núm. 14, 4.º D, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación da resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-006/11.

Indicación do contido: acórdase o lanzamento de José Carlos Vilariño López e María Isabel Velasco Vieitez, así como os demais ocupantes da vivenda de promoción pública situada na rúa Reino Unido, núm. 14, 4.º D, Monte Porreiro, Pontevedra, identificada co expediente de construción PO-85/220, conta 54.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción, conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).