Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (981/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 981/2009, por instancia de Noelia Corada Castro e María Cristina Bermúdez Casais contra a empresa José Carlos Rodríguez Lago-O Refuxio Mesón Parrillada Restaurante, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 16 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polas demandantes Noelia Corada Castro e María Cristina Bermúdez Casais, debo condenar e condeno a empresa José Carlos Rodríguez Lago-O Refuxio Mesón Parrillada Restaurante a que aboe a cantidade de 971,99 euros a Noelia Corada Castro e 806,03 euros a María Cristina Bermúdez Casais polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10% destas cantidades en concepto de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 65098109.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa José Carlos Rodríguez Lago-O Refuxio Mesón Parrillada Restaurante, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado