Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización de contratos (expedientes 57/2011 e 72/2011).

Contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da elaboración do Plan de Sistemas de Información do Sistema Galego de Servizos Sociais (expediente 57/2011).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Polo decreto 252/2011, do 15 de decembro, créase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia quedará subrogada, no momento da súa constitución efectiva, en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas dos cales é titular a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación de servizos para a elaboración dun Plan de Sistemas para o Sistema Galego de Servizos Sociais.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 29 de xuño de 2011.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 79.877,12 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 79.877,12 €. Importe total: 94.255,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de febreiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2012.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe total de adxudicación. 75.402,00 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento negociado sen publicidade e trámite ordinario, do servizo de soporte Premier de Microsoft para a Xunta de Galicia (expediente 72/2011).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Polo decreto 252/2011, do 15 de decembro, créase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia quedará subrogada, no momento da súa constitución efectiva, en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas dos cales é titular a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de soporte Premier de Microsoft para a Xunta de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: negociado sen publicidade ao abeiro do artigo 154.d) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 302.077,40 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 151.038,70 €. Importe total: 178.225,67 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de diciembre de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 10 de febrero de 2012.

c) Contratista: Microsoft Ibérica, S.R.L.U.

d) Importe total de adxudicación. 178.225,67 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia