Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15172

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Docencia e Formación Continuada do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

De conformidade co establecido no capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG número 119, do 19 de xuño), o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de supervisor/a da Unidade de Docencia e Formación Continuada do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas de persoal do complexo hospitalario e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dirixidas ao xerente do complexo hospitalario, no prazo de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 2 de abril de 2012.

Francisco Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Docencia e Formación Continuada do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Grupo de clasificación: B.

N.º de vacantes: 1.