Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica modificación n.º 1 L.M.T. saída subestación O Corgo-Castroverde no concello do Corgo (expediente 008/2009 A.T.).

Logo de examinar o expediente instruído por instancia da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na Batundeira 2- Velle-Ourense, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

1.º Con data do 29 de setembro de 2011, esta xefatura territorial dita resolución pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación L.M.T. saída subestación O Corgo-Castroverde. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso de Lugo, o 26 de outubro de 2011, no BOP de Lugo do 24 de outubro, e no DOG do 28 de outubro.

2.º Con data do 15 de febreiro de 2012, a empresa beneficiaria presenta a modificación n.º 1 ao proxecto L.M.T. saída subestación O Corgo-Castroverde porque chegou a un acordo coa comunidade de montes de Férveda (San Martiño de Folgosa) para o cambio de trazado da liña de media tensión proxectada no tramo que afecta a dita comunidade, quedando recollido o novo trazado na modificación presentada.

3.º O trámite de información pública, para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, considérase cumprido co realizado para o proxecto inicial, publicado no xornal El Progreso o 10 de febreiro de 2011, no BOP de Lugo do 4 de febreiro, e no DOG do 8 de febreiro, e no taboleiro de anuncios do concello do Corgo, e respecto do cal a presente modificación de trazado non supón novas afeccións ás iniciais, para os efectos expropiatorios, recollidas na relación de bens e dereitos afectados, publicada naqueles medios e sendo comunicadas as desafeccións aos interesados mediante notificación individual.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, e no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (que modifica o anterior).

Segundo. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades do transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución denominado modificación n.º 1 L.M.T. saída subestación O Corgo-Castroverde asinado polo enxeñeiro industrial Darío Sánchez Maeso e visado o día 3.2.2012 co número CO120193 polo I.C.O.I.I.G. e cuxas características son as seguintes:

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 7.620 m (anteriormente 7.582 m) con orixe no paso aéreo-soterrado que se realizará no apoio proxectado n.º 1, en condutor LA 110 e final no paso aéreo-soterrado que se realizará no apoio proxectado n.º 51, sobre apoios de formigón (39) e metálicos (13).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto modificación n.º 1 L.M.T. saída subestación O Corgo-Castroverde presentado pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguranza con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto da normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo para a execución das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación/publicación desta resolución.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 30 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo