Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 690/2011, interposto por Víctor López-Rioboo y Batanero, en nome e representación de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia).

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1.ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, oficio de solicitude de remisión de expediente e emprazamento, dentro do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 690/2011, interposto por Víctor López-Rioboo y Batanero, en nome e representación da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia), contra a Orde do 27 de abril de 2011, pola que se modifica a autorización do centro privado Caixanova, do concello de Vigo (Pontevedra), en que se acorda autorizar o cambio de titularidade do centro privado Caixanova, código 36010496, a favor de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos