Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Lugo (ACEAL).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Lugo (ACEAL), da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: provincia de Lugo.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa e promoción dos intereses profesionais dos seus asociados e funcións complementarias.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas que estean incluídas no ámbito de aplicación do artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo e domiciliadas no ámbito territorial da provincia de Lugo.

Titulares dos órganos de goberno e representación: Aurelio Cruz Núñez, Francisco Javier Pérez Bello, M.ª Paloma Sobrino Butragueño, Paulino Franco Cantón, M.ª Nieves Vázquez Núñez, José Manuel Martínez Rodríguez e José M.ª López Bourio.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego