Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14898

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de cortes de vacún.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto autonómico 133/2008, do 12 de xuño, polo que que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública o seguinte proxecto técnico:

– Proxecto de ampliación de cortes de vacún de leite, na parroquia de Marei, é promotora a SAT O Balao.

Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalo nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de anuncios.

O Corgo, 28 de marzo de 2012.

José Antonio Ferreiro González
Alcalde