Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14901

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación do automóbil no Conde, número 62, deste concello.

José María Mirás Franqueira solicitou licenza municipal para a actividade de taller de reparación do automóbil no Conde, número 62, Ordes. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo e Aperturas deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ordes, 28 de marzo de 2012.

Manuel Regos Boquete
Alcalde