Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14810

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de abril de 2012 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais e se convocan para o ano 2012.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do martes, 17 de abril de 2012, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na cláusula segunda. Beneficiarios, onde di: «así como nos concellos galegos, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria, e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia», debe dicir: «así como os concellos galegos, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria, e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia».