Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 175/2007).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. subterránea a 66 kV na sub. A Grela-sub. Eirís (expediente IN407A 2001/340), circuíto O Mesón-Eirís, variante pola urbanización do sector V-7, recinto feiral Someso.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea a 66 kV, en canalización de formigón baixo tubo de dobre circuíto desde a nova cámara de empalme A (situada á saída do paso inferior do ferrocarril) ata a nova cámara de empalme D. Esta canalización terá unha lonxitude de 442 m, dúas ternas de 66 kV, con tubos de 200 mm de diámetro, que aloxarán os circuítos da liña subterránea a 66 kV O Mesón-Eirís (I) e Sabón-Eirís (II) e 6 tubos de 160 mm de diámetro para liñas de media tensión.

Liña eléctrica subterránea a 66 kV, en canalización de formigón baixo tubo de dobre circuíto desde a nova cámara de empalme D ata a nova cámara de empalmes existente B. Esta canalización terá unha lonxitude de 135 m, dúas ternas de 66 kV, con tubos de 200 mm de diámetro; unha está ocupada polo circuíto da liña subterránea a 66 kV O Mesón-Eirís (I) e 6 tubos de 160 mm de diámetro para liñas de media tensión.

Liña eléctrica subterránea a 66 kV, na avda. da Universidade, desde a nova cámara de empalme D ata un novo apoio de paso aerosubterráneo n.º 8 bis (C) na LAT 66 kV A Grela-Eirís (expediente IN407A 01/340), situado a 17,69 m do actual. Esta canalización terá dous tramos, o primeiro tramo D-E terá unha lonxitude de 145 m, unha terna de 66 kV baixo tubos de 200 mm de diámetro que aloxarán o circuíto da liña subterránea a 66 kV Sabón-Eirís (II) e 4 tubos de 160 mm de diámetro para liñas de media tensión, e o segundo tramo E-C, de 155 m, unha terna de 66 kV baixo tubos de 200 mm de diámetro, onde irá o circuíto da liña subterránea a 66 kV Sabón-Eirís (II). Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña