Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (As-22/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-22/2012.

2. Obxecto do contrato: desenvolvemento e xestión do programa de actividades socioculturais nos centros cívicos municipais; por lotes:

Lote 1: programa de prevención e cooperación social.

Lote 2: obradoiro para a intervención nas dificultades da linguaxe da escritura.

Lote 3: corais.

Lote 4: baile dos maiores.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 350.000 €; lote 2: 18.200 €; lote 3: 17.000 €; e lote 4: 101.000 € (IVE incluído en todos os casos).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es.
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2.º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de Contratación e/ou no Perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

P.D.
Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública