Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de información pública sobre apertura de explotación de polos de curral no Garandón, na parroquia de Campo.

Tramitouse expediente por instancia de Jesús Alfonso Agra Regueiro e Carmen Muíña Fernández sobre solicitude de licenza de apertura de explotación de polos de curral, que se situará sobre predio sito no lugar do Gandarón, na parroquia de Campo, que resulta da agrupación das parcelas 823 e 143 dos polígonos 39 e 508 da cartografía castastral.

Para os efectos previstos no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública, por un período de vinte diás hábiles, contados desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, período durante o cal todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, nas oficinas xerais da casa do concello, das 9.00 ás 14.30 e, de ser o caso, formular as alegacións que xulguen procedentes.

Arzúa, 28 de marzo de 2012.

José Luis García López
Alcalde