Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14677

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO para a contratación do servizo de telecomunicacións durante o período 2012-2016.

Procedemento aberto para a contratación do servizo de telecomunicacións da Deputación provincial de Ourense durante o período 2012-2016.

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense na páxina web
www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de telecomunicacións da Deputación Provincial de Ourense durante o período 2012-2016, cun tipo de licitación de 543.000,00 € (IVE e demais impostos incluídos), integrado pola suma dos importes do valor estimado do servizo (460.169,49 €), e o IVE aplicable (82.830,51 €). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 31 de maio de 2012, logo do envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 3 de abril de 2012.

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense