Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14680

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se dá publicidade a un procedemento de contratación adxudicado por este consorcio e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

Conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro de 2006, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión, dáselle publicidade ao procedemento de contratación adxudicado por este consorcio e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

Obxecto: obra de reforma e adaptación da antiga escola a escola infantil de tres unidades, situada en Coto Torrón, na parroquia de Tameiga, no concello de Mos.

Expediente: CGSIB/OBR/002/10.

Prazo de execución: 6 meses.

Orzamento base de licitación: 558.629,26 €.

Importe de adxudicación: 440.459,76 €.

Publicado: DOG n.º 138, do 21.7.2010.

Porcentaxe financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional: 67,80%.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar