Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 26 de marzo de 2012, da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes 2008-PR/063 e 2010-DE/077.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no enderezo no cal aparece como descoñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Galega das Industrias Culturais, sita na rúa da Vesada, s/n, en Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

Juan Carlos Fernández Fasero
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Expediente: 2008-PR/063.

Interesado: Manuel Gómez Santos (Dygra Films, S.L.).

Acto de notificación: requirimento de xustificación.

Expediente: 2010-DE/077.

Interesado: Manuel Gómez Santos (Dygra Films, S.L.).

Acto de notificación: requirimento de xustificación.