Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14381

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no ámbito do POL-16 Rúa das Viñas, Perillo (expediente FG n.º 583).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 31 de marzo de 2012, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no ámbito do POL-16 Rúa das Viñas, en Perillo.

De conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 9 de abril de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente