Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de marzo do 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Porqueira II (Porqueira-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Porqueira II (Porqueira-Ourense), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Carmen Rivera Rodríguez.

Último enderezo coñecido: San Lourenzo, 32643 Porqueira, Ourense.

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por Manuel Lanzós Penín. contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueira II (Porqueira-Ourense), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contado desde o día seguinte á data de recepción desta notificación, vostede poderá alegar todo o que considere conveniente. No caso de que non se reciba contestación pola súa parte, entenderase a súa completa conformidade coa modificación.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e que está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (concentración parcelaria), na Consellería do Medio Rural, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 39 70.

Modificación que se propón:

1. Modificar a configuración do predio n.º 444 do polígono 5 acordo, de Carmen Rivera Rodríguez (prop. n.º 533); tras esta modificación queda cunha superficie de 117 m2 e un valor de 93,40 puntos.

2. Modificar o trazado do camiño que se sitúa polo vento sur dos predioss nos 443 e 444 do polígono 5 do acordo.