Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de diversos alimentos conxelados para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (MS-HLA1-12-005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). San Cibrao, s/n (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: San Cibrao, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Dirección de internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-HLA1-12-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de diversas clases de peixe, verduras e carne conxelados para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, doce.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: San Cibrao, s/n.

2) Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): lotes 1 a 6: 15221000-3 «peixe», lotes 7 a 10: 15331170-9 «legumes e hortalizas», lote 11: 15115000-7 «año» e lote 12: 15131420-5 «albóndigas».

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 480.853,30 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 192.341,32 euros.

Importe total: 206.785 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21.5.2012.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: San Cibrao, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. San Cibrao, s/n.

c) Localidade: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicarase no «Perfil do contratante».

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.3.2012.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 9 de marzo de 2012.

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
(Hospital Universitario Lucus Augusti)