Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Mujeres Profesionales y Autónomas y de Galicia (A.M.P.A.G.A.).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Mujeres Profesionales y Autónomas de Galicia (A.M.P.A.G.A.), da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa, promoción e dignificación das mulleres profesionais e/ou traballadoras autónomas.

Ámbito funcional: poderán formar parte da asociación todas as mulleres emprendedoras e/ou profesionais que estean incluídas no ámbito de aplicación do artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, e domiciliadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes da acta de constitución: M.ª Paloma Sobrino Butragueño, Carmen Campos Galán, Rosa M.ª Triay López, Cristina Goás Casal, Mª del Carmen Caeiro Rey, M.ª Dolores Alonso Sobrino, Carmen M.ª García Braga, Patricia García González e M.ª de Fátima Iglesias Ferreira.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego