Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica L.M.T. cambio sección saídas FRI 801-803 no concello de Padrenda (expediente IN407A 2012/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. cambio sección saídas FRI 801-803.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

L.M.T. 1, subterránea a 20 kV de 354 m con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. 801 e 803 subestación A Frieira e remate na L.M.T. proxectada FRI 801 Trado Celanova CH Deva e FRI 803 Ponte Barxas no límite do recinto da subestación, de 406 m e con condutor R.H.Z.1, con orixe na L.M.T. FRI 801 Trado Celanova CH Deva e FRI 803 Ponte Barxas e remate na L.M.T. existente L.M.T. FRI 801 Trado Celanova CH Deva e FRI 803 Ponte Barxas.

Orzamento: 65.120,82 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense