Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 7 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-005/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 7 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-005/11.

Nome: Carlos Saa Montáns e María Luisa Torres Crespo.

Enderezo: rúa Bélxica, n.º 17, 2.º E, Monteporreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación da resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-005/11.

Indicación do contido: acórdase o lanzamento de Carlos Saa Montáns e María Luisa Torres Crespo, así como dos demais ocupantes da vivenda de promoción pública situada na rúa Bélxica, n.º 17, 2.º E, Monteporreiro, Pontevedra, identificada co expediente de construción PO-92/040, conta 21.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE n.º 167, do 14 de xullo).