Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14112

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio de Compensación de Seguros - División de Liquidación de Entidades Aseguradoras

ANUNCIO polo que se dá publicidade á realización da convocatoria para a presentación de créditos, prazos e vencemento anticipado de contratos ao Consorcio de Compensación de Seguros.

Polo presente anuncio realízase a convocatoria para a presentación de créditos e os prazos aplicables, así como o vencemento anticipado dos contratos. Conforme o disposto polo Real decreto lexislativo 6/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados, comunícase que por Orde da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, do 2 de abril de 2012, (Diario Oficial de Galicia do 9 de abril) acordouse encomendar a liquidación da devandita entidade ao Consorcio de Compensación de Seguros.

En cumprimento do establecido no artigo 28.3.c) do mencionado Real decreto lexislativo 6/2004, faise chamamento aos acredores descoñecidos, para que, no prazo dun mes contado desde a data da publicación deste anuncio, formulen reclamacións dos seus créditos, achegando os orixinais da documentación xustificativa.

Por Resolución da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia do 4 de abril de 2012, todos os contratos de seguros realizados coa referida mutualidade, vencerán anticipadamente ás 0.00 horas do día 1 de maio de 2012. O procedemento de liquidación levarase a cabo conforme o establecido no Real decreto lexislativo 6/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados.

Comunícase que os acredores con domicilio nun Estado membro do Espazo Económico Europeo distinto a España, poderán presentar as súas reclamacións en calquera das linguas oficiais do Estado onde radique o seu domicilio, pero facendo constar en castelán, no encabezamento, Presentación de créditos.

O domicilio da liquidación fixase en:

Consorcio de Compensación de Seguros

Paseo de la Castellana, n.º 32.

28046 Madrid

Para calquera consulta poderán dirixirse a:

Teléfono: 913 39 56 43

Fax: 913 39 56 78.

Correo-electrónico: actividadliquidadora@consorseguros.es

Madrid, 11 de abril de 2012.

Concepción Bermúdez Meneses
Xefa da División de Liquidación de Entidades Aseguradoras
do Consorcio de Compensación de Seguros