Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da concesión de ocupación demanial de determinados espazos do Hospital Montecelo, centros de saúde de Bueu e A Parda, e edificio administrativo da avenida de Vigo, dependentes da estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas e produtos sólidos alimenticios, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-CHP1-12-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, n.º 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-CHP1-12-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: ocupación demanial.

b) Descrición: concesión de ocupación demanial de deteminados espazos do Hospital Montecelo, centros de saúde de Bueu e A Parda e edificio administrativo da avenida de Vigo, dependentes da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas e produtos sólidos alimenticios.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

• Hospital Montecelo, Montecelo-Mourente (Pontevedra 36071).

• Centro de Saúde de Bueu, acceso a grupo escolar Ramón Bares, s/n (Bueu 36930).

• Centro de Saúde da Parda, rúa Gaiteiro Portela, s/n (Pontevedra 36002).

• Edificio administrativo da avenida de Vigo, n.º 16 (Pontevedra 36003).

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura):

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

5. Orzamento base de licitación:

a) Canon mínimo anual por máquina: 500,00 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte) o por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, n.º 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Número previsto de empresas que pretende convidar a presentaren ofertas (procedementos restrinxido):

e) Admisión de variantes, si procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre n.º 2 dando lectura as propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal:

d) Data e hora: a data e hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

12. Outras informacións:

Pontevedra, 14 de marzo de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra