De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
A Coruña, 20 de marzo de 2012.
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto |
Sanción imposta |
XC-02440-O-2011 0207-BCF Garda civil 1503 N415519R |
Cargo Hernanz, S.L. B81911455 Abedu Pg. Cañal Plaza 16 28500 Arganda del Rey, Madrid |
Minoración ata o 20% nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 9 h a 8 h. 6.9.2011,10.15.00, AC-117, 17 |
Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT |
Art. 143.1.c) LOTT, |
301 € |
XC-02615-O-2011 3711-BLH Garda civil 1504 A-35144-Y |
Agustín Sarasquete e Hijos, S.L. B15020308 Praza dos Mariñeiros, 9 15960 Ribeira, A Coruña |
Carecer do certificado de aptitude profesional CAP. 22.9.2011, 9.38.00, AG-11, 0040,000 |
Art 141.19 en relación co artigo 142.25 en relación co art. 141.19 LOTT, art. 198.19 ROTT |
Art. 201.1.e) ROTT, |
201 € |