Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial de convenio urbanístico na avenida Rosalía de Castro.

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o día 23 de marzo de 2012, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, prestou aprobación inicial a un convenio urbanístico con Construcciones Os Molineros, S.L., para posibilitar o desenvolvemento urbanístico na avenida Rosalía de Castro de Ribadeo, da superficie das parcelas de referencia catastral números 8227061PJ5282N0001YD e 8227062PJ5282N0001GD.

Exponse ao público nas dependencias municipais, de conformidade co artigo 237.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, durante o mesmo prazo de dous meses da 2.ª exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal, incluíndose na documentación do referido procedemento, e durante cuxo prazo se poderán formular reclamacións ou alegacions a el.

Rematado o prazo, á vista das alegacións e de conformidade cos informes, de ser o caso, elaborarase unha proposta de texto definitivo do convenio, do cal se dará vista aos propoñentes para a súa aceptación, reparos ou, de ser o caso, renuncia, e será posteriormente aprobado o texto definitivo polo Pleno da corporación, con carácter previo á sua sinatura.

Ribadeo, 26 de marzo de 2012.

Fernando Suárez Barcia
Alcalde

Fidel Maañón López
Secretario accidental