Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da addenda n.º 6 ao inventario de camiños deste concello.

O Pleno da Corporación municipal na sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2012 aprobou inicialmente a addenda n.º 6 ao inventario de camiños municipais en núcleos rurais mediante o acordo que ten o seguinte contido literal:

«1.º) aprobar inicialmente a inclusión da addenda n.º 6 no inventario municipal de camiños consistente en:

– Ampliación do trazado do camiño 0171 na Malladoura.

– Incorporación do camiño 6012 en Eirís-Budiño.

2.º) Someter o expediente a información pública mediante publicación de anuncios no DOG, taboleiro de edictos do Concello e nun dos xornais de maior difusión da provincia.»

O que se fai público para o xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que coiden convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 5 de marzo de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde