Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de información pública relativo a un estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo, na sesión ordinaria do día 19.3.2012, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para o sinalamento de aliñacións e volumes en Baíñas, redactado polo arquitecto Amancio Losada Vicente, e sometelo a información pública durante o prazo de vinte días para que poida examinarse nas dependencias municipais e poidan formularse as alegacións e observacións pertinentes.

O que se publica en cumprimento do artigos 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e disposicións concordantes.

Vimianzo, 20 de marzo de 2012.

Manuel Antelo Pazos
Alcalde