Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (755/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 755/2009 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Daniel Lestón Piñeiro contra a empresa Instalnor 21, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza con data 7.11.2011, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante Daniel Lestón Piñeiro, e condeno a parte demandada, a entidade Instalnor 21, S.L., a aboarlle á parte demandante a cantidade de 4.777,30 euros.

Esta resolución notifícaselles ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de 5 días, e indícase que para poder acceder ao recurso a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social, n.º identificador 1589, aberta no banco Banesto, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60). Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén depositar na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptivas para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Instalnor 21, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial