Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de marzo de 2012, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se empraza os interesados no procedemento ordinario 56/2012, no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número S-2010/006-C, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 56/2012, interposto por Lino García Beiro, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente sancionador e de restitución da legalidade urbanística, pola que se impón unha sanción como consecuencia das obras abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Enrique Ortega Domínguez para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística