Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13849

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 8 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de dous postos de supervisor/a xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Convocada a provisión de dous postos de traballo vacantes no Complexo Hospitalario de Pontevedra, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude do establecido na Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve adxudicar o posto convocado ás persoas que se indican no anexo desta resolución.

Pontevedra, 8 de marzo de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a xeral.

Nome e apelidos:

Montserrat Bas Méndez. DNI 35281713N.

José Manuel Recaman Lagos. DNI 52493694N.