Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no Concello de Láncara (expediente IN407A 2011/116-2,7953 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.L.

Domicilio social: r/ Charles Darwin, n.º 15, baixo, 15172 Perillo, Oleiros, A Coruña.

Denominación: reforzo L.M.T. A Pobra (Colexio).

Situación: concello de Láncara.

Características técnicas:

– L.M.T.S. consistente en reforzar un tramo da L.M.T. A Pobra, con orixe na L.M.T. A Pobra existente e final no C.T. Benigno Quiroga, cunha lonxitude de 55 metros en condutor R.H.Z.1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo