Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13678

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a creación e mellora de hoteis-balneario e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (CT988A), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño de 2011) modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 19 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.761A.770.0 código de proxecto 200700372 ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a creación e mellora de hoteis-balneario e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Estas subvencións están cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 5 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a creación e mellora de hoteis-balnearios e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (CT988A), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño de 2011) modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 19 de outubro).

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.

P.D. (Orde 30.3.2012)
M.ª Ángeles Antón Vilasánchez
Subdirectora xeral de Ordenación, Inspección e Planificación Turística

ANEXO
Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a creación
e mellora de hoteis-balneario e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma
para o ano 2011

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Total

2011

2012

2013

Hotel Balneario Augas Santas

Mellora de instalacións en Hotel Balneario e Golf. Liña B

5.715,25

8.572,87

8.572,87

22.860,99

Termalismo Saúde e

Alimentación, S.L.

Creación Hotel Balneario de

Cortegada. Liña A

34.200,00

514.996,26

824.127,10

1.373.323,36