Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de alemán, inglés e francés para alumnado de centros de Galicia sostidos con fondos públicos (expediente ED-DXEFPIE-02/12SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa-Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

c) Número de expediente: ED-DXEFPIE02/12SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento de cursos de alemán, inglés e francés para alumnado de centros de Galicia sostidos con fondos públicos.

b) División por lotes e número: si, 8 lotes.

c) Lugar de execución: Galicia, Alemaña, Francia, Reino Unido e Canadá.

d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 30 de setembro de 2012 para os lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, e 7 e o 15 de decembro de 2012 para o lote 8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o valor estimado do contrato é de 2.400.693,26 euros (IVE exluído), IVE: 323.806,74 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 2.724.500,00 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 44.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17360

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.

2.ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa