Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 560/2011, interposto contra a resolución administrativa do 18 de agosto de 2010, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 5 de maio de 2010 pola que se aproba o expediente de regulación de emprego número 5/2010 da empresa Sykes Enterprises Incorporated, S.L.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 560/2011, interposto pola empresa Sykes Enterprises Incorporated, S.L., contra a resolución administrativa do 18 de agosto de 2010, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 5 de maio de 2010 polo que se aproba o expediente de regulación de emprego número 5/2010 da empresa Sykes Enterprises Incorporated, S.L.

En consecuencia, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1.ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais