Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de declaración de caducidade do expediente sancionador 55/11 ALM, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de febreiro de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución na cal acorda declarar a caducidade do expediente sancionador 55/11 ALM, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Naus Import Export, S.L., con CIF: B-36993764 e enderezo na rúa Romil, 69, oficina 17, 36211 Vigo, por transcurso do prazo legalmente establecido para resolver.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Naus Import Export, S.L. o contido da referida resolución, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Tamén se lle lembra o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avda. Fernández Ladreda, 43, 1.º, ou nos servizos centrais, na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 20 de marzo de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra