Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (66/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 48/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña a trece de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 66/2009, seguidos por instancia de Juan Tomás Lesende Rodríguez, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Negrever, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que considerando integramente a demanda formulada por Juan Tomás Lesende Rodríguez, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Negrever, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 6.372,92 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Negrever, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial