Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria

EDICTO (138/2012).

Gloria Alonso Santana, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria, fago saber que nos autos seguidos baixo o número 138/2012, en materia de despedimento disciplinario, por instancia de Jonas de Cristo Santana Pérez contra Pavimento Compavi, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, Dragados, S.A., e Comsa, S.A.U., acordouse citalo mediante edicto dado o seu ignorado paradoiro, para o acto de vista oral que terá lugar o próximo día 15.5.2012, ás 11.20 horas, advertíndoo do disposto nos artigos 82.2 e 83 da Lei reguladora da xurisdición social. Así mesmo, requírese para que concorra ao acto, para o efecto de contestar ao interrogatorio de preguntas da contraparte, se así se solicitase, así como para que achegue a documental que se indica na demanda, cuxa admisión se acordou por resolución xudicial, facéndolle saber que as copias desta se encontran á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

E para que sirva de citación en legal forma, a Pavimento Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Las Palmas de Gran Canaria, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial