Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2012/29-2, 7998 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: alimentación CS centro de discapacitados.

Situación: concello de Bóveda.

Características técnicas:

L.M.T. a 20 kV, subterránea baixo tubo con orixe no C.T. PE Bóveda 27CH88 e final no CS centro de discapacitados de Bóveda, cunha lonxitude de 125 metros, en condutor R.H.Z.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo