Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13296

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Corrección de erros do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na citada corrección de erros, publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do 12 de abril de 2012, cómpre efectuar a oportuna corrección.

O parágrafo incluído baixo a expresión «Debe dicir:» debe ter a seguinte redacción:

«Quedan derrogados o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, en todo o que se opoñan ao presente decreto, así como cantas outras disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan a el».