Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de decembro de 2011, da Zona Sur de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por María Teresa Charlín Pomares de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para a legalización de tres tubaxes de aspiración e desaugadoiro para servizo de industria depuradora de moluscos (expediente 13-05-11-C1).

María Teresa Charlín Pomares solicita a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para a legalización de tres tubaxes de aspiración e desaugadoiro, segundo o proxecto básico redactado en outubro de 2008 polo enxeñeiro de camiños Salvador Merino Gómez.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral (BOE núm. 284, do 27.11.2003), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3.º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 23 de decembro de 2011.

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia