Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de solicitude de varias licenzas urbanísticas (expedientes 35256/422, 38565/422, 38650/422 e 38981/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Mutua Maz Mtepss n.º 11; actividade: centro asistencial sanitario; situación: avda. Camelias, 101; expedientes: 71542/421 e 35256/422.

2. Solicitante: Fernando Rodríguez Alonso; actividade: almacén de madeiras; situación: Seixiños, 21, Beade; expediente: 38565/422.

3. Solicitante: Antonio Villar Pérez; actividade: reparación de pneumáticos para automóbiles e servizo de lavado a man; situación: avda. Buenos Aires, 4; expedientes: 75162/421 e 38650/422.

4. Solicitante: Mercadona, S.A.; actividade: supermercado de alimentación e aparcadoiro; situación: avda. Madrid, 108; expedientes: 75774/421 e 38981/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 13 de marzo de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos