Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (607/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 607/2009, seguido neste xulgado, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 607/2009 seguidos por instancia de Laura Milena Hernández Díaz, representada pola letrada Sra. Fernández García, contra Natalia Villaverde Díaz, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; versa a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Laura Milena Hernández Díaz, representada pola letrada Sra. Fernández García, contra Natalia Villaverde Díaz, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.550,00 euros, no senso exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros de mora pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto de tales cantidades nos termos establecidos no art. 33 do ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que, en virtude do disposto no art. 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela. Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Natalia Villaverde Díaz, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial