Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 5 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 00460101650000401197 do Banco Gallego sucursal 0101 nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste e sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 5 de decembro de 2011.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda (€)

Vázquez Cibreiro, Dionisio

032836917-R

Fra. 201105265

3.10.2011

340,46

Souto Rodríguez, Vanessa

079329057-X

Fra. 201105270

3.10.2011

340,46

Velasco Rodríguez, Jonathan

053301057-Y

Fra. 201105271

3.10.2011

340,46

Vicente Carro, Carlos

053302346-F

Fra. 201105273

3.10.2011

340,46

Zas Centeno, Rosa

047353752-H

Fra. 201105276

3.10.2011

340,46

Verdes Freire, Saúl

053160277-D

Fra. 201105278

3.10.2011

340,46

Chans Cao, Juan Manuel

047379153-G

Fra. 201105279

3.10.2011

340,46

Álvarez Espindola, Alejandro

X-07009418-F

Fra. 201105285

3.10.2011

340,46

Gómez Barrera, Fernando José

033858851-E

Fra. 201105290

3.10.2011

340,46

Gómez Barrera, Fernando José

033858851-E

Fra. 201105291

3.10.2011

340,46