Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T.C. e R.B.T. Montalbo-Arra, no concello de Sanxenxo, da que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2008/564-4).

A instalación denominada L.M.T., C.T.C. e R.B.T. Montalbo-Arra, no concello de Sanxenxo, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 4 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 2 de maio de 2012, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Sanxenxo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 19 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
L.M.T., C.T.C. e R.B.T. Montalbo-Arra

Nome e apelidos

N.º

Enderezo

CP-Concello

N.º apoio

m2 apoio

Concello de Sanxenxo

1

Consistorio, 4-6

36960 Sanxenxo

C.T.

10

CMVMC Arra

1

Punta Montalbo, 123

36960 Sanxenxo

C.T.

10