O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 22 de marzo de 2012, adoptou, por proposta da secretaria xeral para o Turismo, o seguinte acordo:
Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Ourense a Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova, que se celebra o día 17 de maio de cada ano no concello de Celanova, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.
En cumprimento co disposto no artigo 20 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.
M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo