Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12522

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de marzo de 2012 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa da Reconquista de Vigo, que se celebra no concello de Vigo.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 16 de marzo de 2012, adoptou, por proposta da secretaria xeral para o Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa da Reconquista de Vigo, que se celebra o día 28 de marzo de cada ano no concello de Vigo, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento co disposto no artigo 20 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo