Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012 pola que se modifica a Resolución do 15 de febreiro de 2012 da entidade pública Portos de Galicia, pola que se fai público o concurso público (procedemento aberto, sistema multicriterio) para selección de oferta para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á prestación de servizo á pasaxe no porto do Grove.

No punto 5.g da Resolución do 15 de febreiro de 2012 da entidade pública Portos de Galicia, pola que se fai público o concurso público (procedemento aberto sistema multicriterio) para selección de oferta para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á prestación de servizo á pasaxe no porto do Grove, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 41, do 18 de febreiro de 2012, disponse que os pregos administrativos desta convocatoria se poderán obter nos seguintes enderezos da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17204

Advertidos erros no contido do prego de bases do concurso para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes a prestación de servizos á pasaxe en portos e instalacións portuarias da Comunidade Autónoma de Galicia, que rexerá a referida licitación, o presidente de Portos de Galicia acordou aprobar un novo prego, no cal se modifica o contido da cláusula 3.ª do capítulo II, relativa ás condicións da licitación, e autorizar a modificación dos membros da Mesa, nomeada mediante Resolución do 15 de febreiro de 2012, facéndose pública a súa nova composición a través do perfil de contratante.

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 88 16 45.

2. Enderezo na internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=17204

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para seleccionar, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, oferta para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á prestación de servizo á pasaxe no porto do Grove, que será de 52 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce horas do derradeiro día. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia