Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da repoboación forestal de 70,00 hectáreas con Eucalyptus nitens no concello de Sobrado, provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 9.2 do texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, e modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo, iníciase o trámite de información pública e de participación pública, como parte integrante do procedemento de avaliación de impacto ambiental do expediente da repoboación forestal de 70,00 hectáreas con Eucalyptus nitens no concello de Sobrado, provincia da Coruña.

O estudo de impacto ambiental e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A participación do público poderá realizarse durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán consultar o expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes